jueves, 17 de noviembre de 2011

Proxecto Linguístico 2010-2011

Addenda do Proxecto lingüístico 2010-2011

  1. RESULTADO DA CONSULTA ÁS FAMILIAS RESPECTO DA LINGUA PREDOMINANTE.

Á hora de determinar a lingua materna que se vai empregar en Educación Infantil tivemos en conta os datos achegados polos titores reflectidos polos pais nas fichas da Entrevista Inicial:
46 familias calelán falantes
3 familias galego falantes
1 familia non contesta
6% de alumnos galego falantes.
92% de alumnos falan castelán.

  1. VALORACIÓN DA PROGRAMACIÓN E PROGRAMA DE ACTIVIDADES PARA O FOMENTO E DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA NO CURSO 2009- 2010

O programa e actividades do proxecto elaborado polo EDLG para o anterior curso escolar 2009 -2010 poderíamolo valorar como bastante positivo. Realizáronse moitas e moi variadas actividades ó longo do curso que fomentaron o uso da lingua de forma ,pensamos, que moi activa e dinámica. tanto as saídas culturais dende infantil ata secundaria, proxectáronse con especial atención a que na maioría dela (como se pode apreciar na listaxe que presentamos no punto de visitas culturais) o obxectivo principal estivera relacionado coa cultura ou a lingua galega. No entanto cremos que aínda queda moito que facer e posto que o EDLG se renovou tentaremos dar un pulo especial ás actividades e proxectos que permanecían en dique seco como xa exporemos máis adiante no información sobre o proxecto do ano 2010-2011.
As actividades programadas, para o pasado ano escolar, que se puideron realizar, xa que, como é previsible non sempre é posible levar a cabo todo o que se proxecta, foron valoradas polo anterior equipo de normalización como moi positivo xa na memoria da fin do curso do EDLG. No entanto estas actividases foron sustituidas por outras que ofertaron ó longo do ano, ó centro, distintas entidades públicas e que cumprían perfectamente os obxectivos que se marcara para ese ano.
O fomento da lingua oral e a lectura, potenciouse por suposto en actividades como nos teatros, exposicións interactivas, pero tamén nas saídas culturais nas que cando eran contratados guías estes falaban aínda que non nun galego normativo, si polo menos en galego, polo que fomentaban polo menos a escoita nos rapaces.
O fomento da expresión escrita realizouse por medio de concursos que aínda que non obtiveron uns resultados salientables , o nivel de participación foi alto. No entanto debemos animar ós alumnos a que sigan participando e propoñerlles actividades, temas, ou ideas que os enganchen a expresarse por medio da escrita.

VALORACIÓN DO PERSOAL DO CENTRO CON RESPECTO Á UTILIZACIÓN E TRABALLO COA LINGUA GALEGA

Persoal de Administración e Servicios:

O uso nas comunicacións escritas do centro aínda que se mellorou no número pode ser mellorado no que se refire o ámbito ortográfico principalmente. O EDLG sempre que pode ou se lle pide axuda bota unha man neste procedemento.

Pastoral:

  • Aínda que se mellorou moito nestes anos (xa se entrega bastante material gráfico e visual en galego) poderíase avanzar un pouco máis no emprego do galego.
  • Distribución de materiais en lingua galega para infantil e primaria:
  • As celebracións e eucaristías foron a meirande parte en galego.
  • Moitos profesores optaron por face-la oración da mañá en galego.
  • Adquiríronse materiais para o departamento: biblias, diccionarios, lecturas...
  • Considerouse o ofrecemento humano por parte do EDLG para a traducción, asesoramento... de materiais para o departamento.

Profesorado:

  • Deixando a parte o total cumprimento da lei, continuouse coa implantación da lingua galega sobre todo a nivel oral e principalmente na relación cos alumnos.
  • Fomentouse algo máis o uso da lingua galega nas entrevistas cos pais por parte dos titores e profesores.
  • O EDLG continuamos asesorando lingüísticamente ós membros da comunidade.
  • Continuamos coa galeguización dos documentos que empregamos para a comunicación coas familias.

Alumnado:

  • Tentamos fomentar actitudes lingüísticas positivas cara ó feito cultural galego: lingua costumes, festas e celebracións tradicionais...
  • Houbo un gran éxito na recollida de traballos elaborados por eles para a súa posterior publicación na revista do centro, en exposicóns no centro, na páxina Web...
  • Traballamos con eles nas diversas campañas de promoción do idioma.

ACTIVIDADES LECTIVAS E COMPLEMENTARIAS QUE SE ORGANIZARON PARA A DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA 2009-2010

Coñece-los diferentes aspectos da vida cultural galega, a través de:

Visitas culturais:

3 ANOS
  • 1º Trimestre:
  • 2º Trimestre: Paseo por Pontevedra no Babitren
  • 3º Trimestre: Lourido
4 ANOS :
  • 1º Trimestre : “Lago Castiñeiras”
  • 2º Trimestre : “Mercado de Marín”
  • 3º Trimestre : “Acuario do Grove”

5 ANOS :
  • 1º Trimestre :
  • 2º Trimestre : “Policía Local”
  • 3º Trimestre : “Apípolis” e “Parque de Bombeiros”

1º Ciclo PRIMARIA
  • -Saída ó Pazo da cultura. Pontevedra. Ópera.
  • -Saída a Pontevedra (Biblioteca).
  • -Saída a Granxa Montero Ríos.
  • -Visita ó museo de Marín (o lobo).
  • -Excursión de fin de curso (Samil e Parque das Pozas).
  • -Paseo pola pasarela de madeira dos arredores do colexio.

2º Ciclo PRIMARIA
  • Opera: El Barbero de Sevilla (Pazo de Cultura)
  • Saída ao Porto de Marín- Visita á Escola Taller AIXOLA
  • Visita ao Museo Masso e Aula Natureza de Cabo Udra (Ruta de sendeirimo)
  • Excursión Fin de curso s Catoita, Vilagarcía, Illa de Arousa e Cambados

5º PRIMARIA
1º trimestre: NATUR NOVA (VIGO)
2º trimestre: PARLAMENTO SANTIAGO
3º trimestre:PRAIA FLUVIAL DE AMES (Santiago)

6º PRIMARIA

1º trimestre: Casa das Ciencias e Domus (A Coruña)
2º trimestre: Base General Morillo en Figueirido.
3º trimestre: Excursión á Praia Fluvial de Tapia no río Tambre. Concello de Ames.

1°ESO
  • 1º Trimestre
Visita guiada á Granxa Kirico con actividades de conservación do medioambente.
Visita guiada a A Coruña a: O Acuario, a Casa das Ciencias, o Planetario e Omuseo do Home "Domus"
  • 2º Trimestre
Visita guiada ó Parque do Pasatempo de Betanzos
  • 3º Trimestre
Proxecto de Intercambio territorial en Allariz

2°ESO
  • 2º Trimestre
Dunas Corrubedo, Castro Baroña e Torres de Catoira.

3°ESO
  • 1º Trimestre
Serra do invernadoiro. Ourense
  • 2º Trimestre
teatro: A decisión dos Hoffman

4°ESO
  • 1º Trimestre
Sendeirismo pola senda do Lerez

  • 2º Trimestre
Verbum. Citroen. Vigo.

Peregrinación a Santiago de Compostela de toda a comunidade educativa polo ano Santo Xacobeo 2010. Entrada pola Porta Santa.

Actividades complementarias do currículo

Decoración do centro para o Día das Letras Galegas.
Participación en concursos : “Clases sen Fume”,
Realización de traballos e exposición dos mesmos para a Unidade Didáctica de Austria, España e Noruega.
Realización de vídeos de cociña para a materia de Lingua Galega.
A participación no concurso de redacción “Xoves Talentos”, promovido por Coca-Cola.
Exposición de carteis do autor homenaxeado este ano (Uxío Novoneyra) o Día das Letras Galegas.
Visión da vida e obra de Uxío Novoneyra.
Visión da película “A lingua das bolboretas” ( 1º, 3º, 4º ESO)

Proxección do centro no seu contorno e actividades lúdico-culturais:

Participación en programas das diversas Administración que redunden no coñecemento da realidade galega e fomento do idioma.

Participación en diferentes concursos propostos por asociacións, concellos...do entorno:
Concurso literario de Cocacola
Clases sen fume

Potenciación de actividades relacionadas co entorno social do centro:
    • Celebración do Magosto.
    • Exposición de cabazas. Recuperación do Samaín.
    • Obradoiros de disfraces no Entroido.
    • Representacións teatrais.
    • Elaboración de Maios.
    • Fomenta-la participación na da Semana das Letras Galegas
    • Participación na Semana da Prensa o día do libro...
    • Proxección de películas en galego Ou sobre o feito cultural galego.

Elaboración de traballos de campo dirixidos a perfeccionar, e perpetuar, o coñecemento da cultura popular en Pontevedra e Marín. Neste tipo de traballos primaría a recolección de palabras, xiros e mesmo contos e lendas da zona. Será, sobre todo, un traballo que recollerá o testemuño cultural dos nosos maiores.
Retoma-la revista do centro ou, se cadra, dun boletín con formato máis reducido, que dese conta das actividades do centro e que facilitase a colaboración de alumnos, profesores e pais.
Participación no Proxecto “Comenius” do centro

VALORACIÓN DAS MEDIDAS ADOPTADAS PARA O ALUMNADO CON INSUFICIENTE DOMINIO DO GALEGO.
As medidas tomadas para axudar ós alumnos con dificultades na lingua parecen surtir efecto por esta razón seguirase tomando como medida a tomar en seguintes anos como potenciar o uso da lingua oral por riba da escrita e polos profesores, a proxección de películas e o control individualizado do alumno.

INFORMACIÓN DO PROGRAMA E ACTIVIDADES

DO PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO

para o curso 2010-2011


Seguindo a normativa establecida no Decreto 79/2010, do 20 de maio o EDLG do centro elaborou o seguinte PLC baseado no PLAN LINGÜÍSTICO DE CENTRO do 2009 e máis nunha pequena enquisa sociolinguística feita ó comezo deste curso.

LINGUAS QUE SE DEBEN EMPREGAR NAS ÁREAS, MATERIAS E MÓDULOS:

Ciencias sociais, Xeografía e historia, Ciencias da natureza e Bioloxía e Xeoloxía, e en castelá as asignaturas de Matemáticas, Tecnoloxías e Física e química.Cada centro educativo, segúndo o procedimento establecido no regulamento de centros, decidirá a lingua na que se impartirá o resto da asignaturas de cada curso, garantindo que as asignaturas en galego e en castelán distribuiranse na mesma porcentaxe das horas semanais, sen prexuizo do disposto no Capítulo IV (sobre a impartición de asignaturas en linguas extranxeiras). Este proceso realizarare cada catro cursos escolares.


MEDIDAS DE APOIO E REFORZO PARA UN CORRECTO USO ESCOLAR E EDUCATIVO DA LINGUA GALEGA.

Administración:

Asistencia a cursos de linguaxe administrativa.
Asesoramento lingüístico da administrativa do centro.
Distribución dun CD e manuais con documentación administrativa en galego.
Rotulación dos taboleiros informativos do centro en galego.
Carteis, avisos, e demais información escrita interna do centro.
Correspondencia do centro, sempre que esta teña Galicia como ámbito de destino.
Actas de Claustro, Consello Escolar: axudar á súa correcta redacción.
Asesoramento na redacción da memoria do Centro; no P.E.C.; nas memorias dos diferentes seminarios, no P.C.C...
Pastoral:

Distribución de materiais en lingua galega para infantil e primaria:
Promover celebracións e eucaristías en galego.
Face-la oración da mañá en galego.
Entrar na rede Remol. Servicio litúrxico con materiais para as celebracións, peticións, oracións... para secundaria.
Adquisición de materiais para o departamento: biblias, diccionarios, lecturas...
Ofrecemento humano por parte do EDLG para a traducción, asesoramento... de materiais para o departamento.

Profesorado:

Continuar coa implantación da lingua galega sobre todo a nivel oral e principalmente na relación cos alumnos.
Fomenta-lo uso da lingua galega nas entrevistas cos pais por parte dos titores e profesores.
Asesoramento lingüístico ós membros da comunidade.
Continuar coa galeguización dos documentos que empregamos para a comunicación coas familias.

Alumnado:

Fomentar actitudes lingüísticas positivas cara ó feito cultural galego: lingua costumes, festas e celebracións tradicionais...
Recollida de traballos elaborados por eles para a súa posterior publicación na revista do centro, en exposicóns, na páxina Web...
Traballar con eles nas diversas campañas de promoción do idioma.



Realidade Lingüística do Centro:
Persoal de Administración e Servicios:

O persoal non docente, utilízao normalmente fóra do centro.
O uso nas comunicacións escritas do centro pode ser mellorado no que se refire ás comunicacións escritas no ámbito ortográfico principalmente. O EDLG sempre que pode ou se lle pide axuda bota unha man neste procedemento.
Pastoral:

Aínda que se mellorou moito nestes anos (xa se entrega bastante material gráfico e visual en galego) poderíase avanzar un pouco máis no emprego do galego.
Docencia:

O profesorado podemos situalo en tres grupos:
    1. Profesores que empregan o galego nas súas clases e co resto da comunidade.
    2. Profesores que non empregan nunca ou case nunca o galego.
    3. Profesores que empregan o galego nas súas clases e ocasionalmente co resto da comunidade.
Como vemos, o emprego do galego como lingua docente ou de comunicación é razoable. A situación lingüística do centro reflicte unha boa vontade cara á utilización da lingua.
Persoal directivo:

A lingua vehicular do equipo directivo é tanto o galego coma o castelán.
Alumnado e pais:

A meirande parte dos nosos alumnos viven nun entorno a medio camiño entre o mundo rural e o urbano e son fundamentalmente castelán-falantes. Tamén temos algún galego-falante. Existe un número minoritario de alumnos que empregan o galego como lingua de comunicación. O que si debemos subliñar é o feito de a meirande parte dos alumnos deste centro estaren capacitados para falar e escribir en galego. Existen casos de rexeitamento por descoñecemento, con actitudes lingüísticas negativas.
Os seus pais son galegofalantes, ou galegofalantes en situación diglósica e tamén castelán-falantes. Cómpre salienta-la influencia dos patróns lingüísticos femininos como dominantes na familia. A actitude xeral é dunha situación diglósica, con algún caso illado de rexeitamento do idioma.
A ANPA amosa unha predisposición positiva cara ó galego pero necesita un apoio por parte do ENDL.
A conclusión deste apartado sería que nos queda bastante camiño por andar xuntos cara á normalización do noso idioma tendo en conta o resultado da seguinte enquisa:

Realidade lingüística do contorno do centro:

O noso colexio está situado nunha comarca eminentemente rurrurbana, podemos case dicir nunha zona fronteiriza entre o rural e o urbano. Para concretizarmos máis estamos ubicados nun cabo á beira do lugar chamado o Barrio do Cabo.

Cómpre indicar que malia ser un colexio localizado nun extremo do concello de Pontevedra o seu núcleo principal de poboación máis cercano é a vila de Marín.

O alumnado procede principalmente do entorno do Centro (Lourizán). Tamén recibimos alumnos de Pontevedra, Marín, Ardán, Seixo e mesmo alumnos dalgúns nucleos de poboación do concellos de Poio e de Bueu. Un mosaico de orixes e contrastes que atingue a alumnos de sectores moi favorecidos social e economicamente e outro con carencias culturais moi marcadas.

A poboación ocupada é diversa: persoas que viven do mar, outros do sector servicios e traballadores das industrias próximas. Tamén temos pais que viven situacións de desemprego e familias desestructuradas pola problemática da droga.

Con respecto á lingua podemos falar en xeral de castelán-falantes, galego-falantes e galego-falantes diglósicos.

MEDIDAS A ADOPTADAR PARA O ALUMNADO CON INSUFICIENTE DOMINIO
DO GALEGO.

Decidiuse que estas medidas serán comúns para todo o alumnado do centro.

    1. Revalorizar o emprego da lingua galega entre o profesorado dentro e fóra da aula como exemplo a seguir polos alumnos.
    2. Fomentar a expresión oral sobre todo en momentos de lecer.
    3. control individualizado dos alumnos con problemas de comprensión tanto oral como escita.
    4. Proxectar películas ou curtos en galego nas clases ou nos tempos de lecer.


ACTIVIDADES LECTIVAS E COMPLEMENTARIAS QUE SE VAN ORGANIZAR PARA A DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA no curso 2010-2011

Coñece-los diferentes aspectos da vida cultural galega, a través de:

Visitas culturais:

1ºED.INFANTIL.
  • 2ºTrimestre: “Vavi-Tren”.Percorrido por Pontevedra
  • 3ºTrimestre: “Base contra incendios”

2ºED.INFANTIL.
  • 1ºTrimestre:”Monte Castrove”.
  • 2ºTrimestre: “Mercado”.
  • 3ºTrimestre: “Acuario do Grove”.

3ºED.INFANTIL.
  • 1ºTrimestre: “Granxa Montero Rios”
  • 2ºTrimestre: “: “Granxa Apípolis”.
3ºTrimestre: “Brilat”.

1º e 2º PRIMARIA
  • 1º trimestre
-Parque de Marín (xornada de convivencia).
-Lago Castiñeiras (Estudo das características do Outono, recollida de follas).
  • 2º trimestre
-Ruta de sendeirismo polo río Gafos.
-Visita mercado de Marín (coñecemento do entorno).
-Zoo A Madroa (observación e estudo dos animais).
-Planetario Escola Naval (observación do sistema solar).
  • 3º trimestre
-Lourido (coñecemento do entorno).
-Fábrica “iogures” (observación e estudo do proceso de fabricación dun producto).
  1. -Excursión de fin de curso (Ecoparque de Marín).

2º ciclo PRIMARIA
3ºE.P.: -Sendeirismo e traballo de campo polo Río Gafos.
-Ruta e traballo de campo polo Morrazo
4ºE.P.: -Ruta e traballo de campo polo Morrazo
-Visita ao porto de Marín.
Excursión fin de Curso: Vilagarcia, Cambados,Catoira.

5º e 6º PRIMARIA
  • 1º Trimestre
Naturnova(Vigo)
A Casa do Home(Coruña)
  • 2º Trimestre
Parlamento(Santiago)
Parque Eólico
  • 3º Trimestre
Mondariz(ciclo)
Mondariz(ciclo)

1°ESO
  • 1º Trimestre
Visita guiada á Granxa Kirico con actividades de conservación do medioambente.
Visita guiada por parte do concello á Illa da Escultura de Pontevedra
  • 2º Trimestre
Visita guiada á escavación arqueolóxica de A Lanzada.
  • 3º Trimestre
Visita guiada a Santiago á cidade da cultura Gaiás

2°ESO
  • 1º Trimestre
Area arqueolóxica deTourón, Pontecaldelas. Embalse de Eiras.
  • 2º Trimestre
Dunas Corrubedo, Castro Baroña e Torres de Catoira.
  • 3º Trimestre
Visita guiada a Santiago.

3°ESO
  • 1º Trimestre
Visita guiada a Sogama e Meirama. Cerceda. A Coruña.
Visita cultural a Vigo.
  • 2º Trimestre
As Sinas.Vilagarcía
  • 3º Trimestre
Aula da Natureza Cabalar. Pontes de Gª. Rodríguez.

4°ESO
  • 1º Trimestre
Verbum. Citroen. Vigo.

  • 2º Trimestre
Visita ó Museo Galego de Arte Contemporánea
Museo de Pontevedra

Proxección de películas:
  • Divulgación científica e vocabulario “As aves de Pontevedra”
  • Peliculas sobre un feito cultural de Galicia.”A lingua Das bolboretas” 1º da ESO
  • Peliculas traducidas a galego

Asistencia a distintas representacións teatrais:
  • No Centro Social Novacaixagalicia tanto para primaria como secundaria
  • No Concello de Pontevedra no Pazo da Cultura

Proxección do centro no seu contorno e actividades lúdico-culturais:

Participación en programas das diversas Administracións que redunden no coñecemento da realidade galega e fomento do idioma.
    • Roteiro dos Bolechas do Concello de Pontevedra
    • Proxecto Voz Natura
    • Proxecto Axenda 21
Participación en diferentes concursos literarios propostos por asociacións, concellos... do entorno:
  • Concurso de relatos "O Facho "da Fundación Carlos Casares para secundaria
  • Concurso de contos e relatos da Fundación Novacaixagalicia para primaria e secundaria.
  • Concurso de relatos curtos “Novos Talentos” de Cocacola para secundaria
  • Concurso de contos da Sociedade Ateneo Santa Cecilia de Marín para primaria e secundaria.
  • Concurso da Voz de Galicia ö Mellor Periodista para primaria.
  • Concurso escolar Clases sen fume para secundaria

Potenciación de actividades relacionadas co entorno social do centro:

    • Celebración do Magosto.
    • Representacións teatrais en época de Nadal dentro do centro para pais/nais, alumnos/as e profesores/as.
    • Representacións teatrais dirixidas e representadasno centro noutros momentos do ano.
    • Exposición de cabazas. Recuperación do Samaín.
    • Obradoiros de disfraces no Entroido.
    • Elaboración de Maios
    • Celebración con concursos, exposicións e representacións na semana no que coincide o día das Letras Galegas.
    • Participación na Semana da Prensa o día do libro...

Elaboración dun proxecto sobre o traballo das mariscadoras, no que participarán nais, pais, alumnos, profesores...
Participación da revista do centro dando conta das actividades no centro.
Participación no Facebook do centro no que se informará ós pais/nais , profesores/as, alumnos/as e exalumnos/as das actividades que levamos a cabo no ENDL.
Colaboración no proxecto e unidade didádtica “Comenius” do centro.

Aportación dos diferentes departementos.

1- Departamento de Ciencias: Asesoramento no establecemento das rotas de interese a cubrir nas viaxes e ampliación da Senda Botánica. Vanse restaurar e rotular de novo os carteis de tódalas árbores do xardín do centro.
2- Departamento de Linguas: Comentario da obra en castelán dos escritores galegos. Non só a rosaliana senón tamén a da Pardo Bazán, Valle Inclán, Fernández Flórez ou Cela. Paralelamente, difundir o coñecemento da obra galega de autores non galegos.
5- Departamento de Linguas Extraxeiras: traducción ó galego de textos. Comentario sobre lendas que fan alusión a crenzas comúns ós diferentes pobos atlánticos.Analiza-las influencias entre a cultura francesa e a galega desde a Idade Media á actualidade. Particularmente a influencia na literatura galega: dos Cancioneiros medievais á aportación da cultura francesa nos homes da Xeración Nós, os poetas da vangarda ou os escritores actuais.
7- Departamento de Matemáticas. Equipara-las medidas de superficie, capacidade... tradicionais co SMD.

TEMPORALIZACIÓN
Ó longo do curso o ENDL baseándose nos datos aportados polo estudo realizado ó comezo do curso, vemos a necesidade de facer un estudo máis profundo sobre a realidade do centro para poder acadar unhas solucións cara a conseguir unha verdadeira normalización, así como a elaboración da Planificación Sociolinguística do centro. Recolleranse novos datos baseados nas próximas enquisas máis pormenorizadas.

En canto ás actividades proxectadas a nosa intención é comezar de inmediato a colaboración cos diferentes seminarios para elaborar un calendario realista. Entendemos que moitas das actividades poderanse realizar en horas normais de clase, como complemento dos curriculos de cada materia; outras, pola contra, merecerán especial atención é o caso das viaxes, por exemplo.

O equipo de normalización reunirase mensualmente para impedir que a realización dos obxectivos propostos se dilúa no tempo. Marcaremos prazos e prazos moi concretos para a realización da programación.

Á par das reunións informais institucionalizaremos unha reunión mensual na que avaliaremos o traballo realizado e procederemos a poñer en marcha novas actividades.