lunes, 19 de noviembre de 2012

MAGOSTO 2012

   Este ano o MAGOSTO celebrámolo todo o colexio o 9 de novembro. Como case todos os anos tivemos sorte e o tempo favorereceunos cun estupendo día de sol que nos garantiu unha festa divertida e moi calorosa. Despois dalgúns imprevistos, que retrasaron o comezo do magosto, por fin comezamos a movilizarnos. Xuntámonos todos no campo de futbol para escoitar e disfrutar da valiente e impecable actuación dos compañeiros de primaria e secundaria que estiveron ensaiando toda a semana. Unha vez recollidas as castañas, que laboriosamente asaron os/as representantes do ANPA xunto co castañeiro, e repartidas as bebidas fómolas comendo por grupos. Primeiro os pequerrechos de infantil , despois o nenos/as de primaria e por último os rapaces/zas da ESO. Unha vez recollidos os refugallos por fin comezaron OS XOGOS populares. Carreiras de sacos, sogatiras, o xogo da ra, o tres pés, o pano... todos nenos, rapaces e profesores participamos nos xogos entre risos e berros de ánimo. Non houbo gañadores, nin premios, nin perdedores, porque o importante era pasalo ben, divertirse, participar e rir, rir moito. Esperemos poder celebralo o ano que ven se non tan ben coma este, mellor.

ANIMAIS E ÁRBORES 2º ESO

Silva/ Silveira
Acivro
Acivro

Lontra/ londra
Lontras/ Londras
Londriña

domingo, 11 de noviembre de 2012

CONCURSO DE CABAZAS PARA CELEBRAR O SAMAÍN

  Como todos os anos celebramos o concurso de "Cabazas sen Decorar" con moito éxito de participación, con cabazas moi diversas, raras e bonitas. Moitísimas grazas por colaborar de novo (algúns con cabazas enormes, xigantescas), por ensinarnos a todos o fermosas e incríbles que poden chegar a ser e o por amosarnos unha vez máis a extraordinaria creatividade da  natureza. Aquí tedes unha mostra da gran cantidade delas que se presentaron e a foto dos gañadores deste ano coas súas cabazas:









 Este ano ademais por primeira vez o ENLG decidímonos a propoñer o concurso de "CABAZAS DECORADAS" para o Samaín deste ano, e este é o resultado:
   Cabazas incribles, simpáticas, terroríficas... e orixinais; esculpidas, pintadas, decoradas... Vaia, todo un EXITO. Por iso o Equipo de Normalización quere agradecer a todos os participantes a súa colaboración, a súa creatividade e imaxinación, humor e simpatía. Esperamos que o ano que ven sexa tan divertido coma este Samaín 2012-13.



Aquí tedes os gañadores deste ano á mellor cabaza pintada, á mellor cabaza esculpida e á mellor cabaza decorada:



COIDADO QUE VOS PODE MORDER!!!!


Prendida aínda dá máis MEDO!!!






Esta si que é TERRORÍFICA.....

Imaxinade que díficil foi elexir o gañador coa cantidade de cabazas orixinais e divertidas que presentastes. Aquí tedes unha mostra: