sábado, 21 de marzo de 2015

CHARLA DE ANDREA MACEIRAS

Un ano máis a escritora Andrea Maceiras visitou o noso colexio para contar aos nosos rapaces de 3º e 4º de ESO algunhas das súas experiencias como literata. Os alumnos tiveron o pracer de escoitala contar unha fermosísima historia sobre como xorderon os personaxes dalgúns dos seus libros e o que significa para ela a literatura. "Violeta tamurana" e "Nubes de evolución" foron os libros lidos polos nosos alumnos, sobre os cales lles fixeron moitas preguntas. Finalmente, Andrea Maceiras asinou os libros e mesmo fixo debuxos relacionados coas súas historias.