jueves, 19 de mayo de 2016

MICRORRELATOS de 2º da ESO


   Os alumnos de 2º B da ESO escribiron estes interesantes microrrelatos en grupos de traballo cooperativo coa tecnica do Folio Xiratorio. O resultado foi sorprendente...

MORTE TÁXICA

   Quedaba pouco tempo e non podía darlle suficente enerxía. Non respondía aos toquesDesvanecíase a luz, quedaba escuro. As ventás xa se lle pechaban, estaba quedando sen vida.
  Intentei reanimalo pero era demasiado tarde, cada vez estaba peor.   Empezou a escurecerse, os asubíos de aviso escoitábanse na sala. O home, desesperado, dáballe golpes para que respondera xa que o seu organismo deixaba de funcionar. Xa era demasiado tarde .Soou a alarma
  Quedou sen batería

Fátima Veiga
Cristina Pérez
Ramón Moldes
Marcos Canosa

   SOIDADE AGOCHADA EN PLÁSTICO

   Estaba coas súas amigas e levárona a un lugar novo, estraño e polo tanto descoñecido para ela.
   Dábanlle de comer pero non quería comer. Vestíana como eles querían sen preguntarlle como quería ela que a vestisen. Facían con ela o que querían e pasaba a metade do día soa. O tempo que non pasaba soa o pasaba cunha nena que a sometía a golpes e maltratos psicolóxicos.
   Choraba todos os días, aínda que non se viran as bágoas.
   O pasaba mal, pero non o parecía porque todo se escondía en plástico.
   A triste vida dunha boneca.

Laura Otero Jiménez
Sergio Rey González
Andrés Cortés Taboada
Sara García de la Riega Sande

O BANDIDO DOS BIGOTES

   Merlín, cos seus bigotes negros e puntiagudos, saltaba de casa en casa e todos os veciños invitábano a comer un pouco de pescado e un vasiño de leite. Vivía na rúa pero non lle gustaba andar por ela. Tamén pasaba tempo en casa dos seus mellores amigos, os gatos. Non era moi audaz, nin veloz pero aínda así os gatos o querían.
   A el gustáballe cazar, era a súa afección pero un día, asustouse cun ruído do bosque e dixo:
  “Miau”.

Aida Souto
Ana Freire
Fernando Argibay
Miguel Rivas