lunes, 28 de marzo de 2016

PROXECTO: "SERES MITOLÓXICOS"

Os alumnos de 4º ESO A e B realizaron durante o 1º e 2º trimestre un gran proxecto. Este consistiu en investigar e traballar as lendas e o seres mitolóxicos propiamente galegos.

O proxecto desenvolveuse en varias fases. Nun principio, todos en grupos de tres e de maneira cooperativa tiveron que buscar información sobre o tema a tratar. Despois, plasmaron esa información por escrito, acompañada de imaxes. Posteriormente, cada un seleccionou un par de lendas galegas e aprendeunas de memoria. A continuación, expuxeron as súas lendas en clase diante dos seus compañeiros e por último, e como broche final, un grupo de trece alumnos fixo unha declamación de ditas lendas ante alumnos de 5º e 6º de Primaria, así como de 1º e 2º de ESO. A exposición das lendas galegas foi todo un éxito, xa que non só as aprenderon os alumnos que as traballaron, senón que tamén tiveron a gran oportunidade de coñecelas e gozar delas alumnos doutros ciclos e niveis.

Nas fotos que tedes a continuación podedes observar as diferentes fases deste marabilloso proxecto.



PROXECTO CO VOCABULARIO DOS ALIMENTOS (1º da ESO)


Para traballar co vocabulario dos alimentos os alumnos de 1º da ESO elaboraron, nas materias de Ed. Plástica e Lingua Galega, unhas CARTAS de MENÚ para cada día da semana moi orixinais. Empregaron para a súa realización os materiais que cada grupo cooperativo considerou necesario.































PROXECTO INTERDISCIPLINAR CO VOCABULARIO (1º e 2º da ESO)

  Para traballar co vocabulario das PARTES do CORPO, os alumnos de 1º da ESO, e o VESTIARIO os alumnos de 2º, fixeron o seguinte Proxecto Interdisciplinar nas áreas de Lingua Galega, Francés, Inglés e Ed. Plástica en grupos cooperativos
  Os alumnos de 1º elaboraron una recortables articulados con diversos materias  ("Mariquitas") e os alumnos de 2º a roupa de invierno cos que vestilos. Na materia de Ingles puxeron en "bocadillos" oracións relacionadas co tema e nas materias de Lingua Galega e Francés etiquetaron as pezas de ropa cos que vestiron os bonecos. Este foi o marabilloso resultado.



.........



   
















          



















martes, 15 de marzo de 2016

FALEMOS DO CAMIÑO DE SANTIAGO

Para completar o proxecto do "Camiño de Santiago", os alumnos de 3º ESO A e B, realizaron outro traballo que consistiu en construír un diálogo con toda a información que recompilaran sobre o "Camiño de Santiago" desde Tui e desde Oporto. Tras a redacción do diálogo tiveron que aprendelo e posteriormente representalo ante o resto dos seus compañeiros.
Aquí tendes unha mostra de todo o proceso.











PROXECTO "CAMIÑO DE SANTIAGO"

Durante este trimestre os alumnos de 3º ESO A e B estiveron traballando de forma cooperativa para desenvolver o proxecto "O camiño de Santiago" desde Tui e desde Oporto.
Dividíronse en grupos de tres e cada grupo tiña que buscar información sobre os quilómetros que hai que percorrer para facelo, por que localidades se pasa, en cantas etapas se pode realizar, onde se poden atopar albergues, que monumentos se poden coñecer ao longo do camiño e que tempo se necesita para percorrelo.
Despois de recompilar a información tiñan que plasmala por escrito en diferentes materiais e acompañala de imaxes. Todo isto ademais dunha maneira creativa.
Finalmente fixemos unha exposición dos diferentes traballos.
Aquí tedes unhas cantas fotos que amosan o resultado final.