NOTICIEIRO-Proxecto 2º ESO

Este derradeiro trimestre os alumnos de 2º da ESO realizaron o proxecto "NOTICIEIRO" na materia de Lingua Galega. Realizaron unha serie de actividades, reflectidas nun CANVAS, para a consecución do producto final, consistente na grabación dun telexornal onde se tiña que relatar dúas noticias de actualidade, varias de deportes, unha reportaxe do Camiño de Santiago, o Tempo e dos anuncios de TV.

Todas as tarefas que realizaron ata a gravación do noticieiro foron realizadas en traballo cooperativo e en grupos de 8 ou 9 alumnos:

  • Organigrama para distribuír as diferentes funcións e organizar os tempos para cada tarefa.
  • Guións para cada tipo de noticia. 
  • Investigación sobre o vocabulario necesario para a realización do guión e a elaboración das diferentes actividades do libro de texto do vocabulario sobre "A Administración Pública", "A Igualdade", " O Fútbol e deportes","A  Hostelaría", "O Tempo Meteorolóxico" e "A Publicidade". 
  • Revisión dos guións atendendo ás normas ortográficas e gramaticais estudadas para este proxecto.
  • Ensaio preparatorio para correxir os posibles erros antes de gravar.
  • Gravación das diferentes noticias coa técnica do Chroma Key.
    A montaxe xa fixen eu coa aplicación iMovie.

Debido á falta de tempo non puidemos gravar máis que un noticieiro, pero creo que o resultado é incríble e máis que satisfactorio. Felicidades rapaces e rapazas polo esforzó que demostrastes e polo ben que traballastes. Espero que o pasárades tan ben coma min, grazas.