Proxecto Slogan


Durante este trimestre os alumnos de 3º e 4º de ESO fixeron como proxecto un "slogan" co seu logotipo, a través do cal defenderon e promocionaron o emprego da lingua galega. 

Fixérono en grupos de dous ou tres alumos.

Primeiro, traballamos o que é un slogan, despois os prexuízos que hai cara ao noso idioma e por último, o texto argumentativo, xa que ademais de plasmar por escrito os seus slogans e logotipos, tiñan que defendelos e explicalos ante o resto dos seus compañeiros.

Tras ese traballo, pasamos á fase de creación e elaboración e para iso, fomos á biblioteca para buscar información; a continuación veu o proceso de creación e para rematar a plasmación en papel dos "slogans" e a exposición na clase dos mesmos.

O resultado foi moi satisfactorio e decidimos decorar os nosos corredores con eles, para celebrar o "Día das Letras Galegas".

Aquí vos deixo unha mostra deles; así como do traballo previo.