Entradas

Proxecto "CADERNO DE CAMPO" para o concurso de Prensaescuela da Voz de Galicia.

Este ano as dúas clases de 1º da ESO participaron no concurso de Prensaescuela "Caderno de Campo" da Voz de Galicia. No proxecto interviron principalmente as materias de Lingua Galega, Ed. Plástica e Visual e Bioloxía e Xeoloxía. Como en lingua galega estabamos a dar o vocabulario dos animais (insectos, animais domésticos e paxaros) decidimos facer o caderno de campo cos animais que vemos a cotío na nosa contorna, as aves mariñas. Ademais do vocabulario traballaron algo de ortografía, gramática e varios tipos de textos, sobre todo os textos descritivos e xornalísticos.   Fixemos varias observacións en directo das aves; dende a pasarela de madeira que está preto do colexio, dende a praia do Cabo e dende o propio colexio (ventás das aulas, cando ía mal tempo, e patio do recreo).  Na 1ª saída á pasarela de madeira o profesor de Bioloxía e Xeoloxía, equipado con varios prismáticos, acompañounos para recoñecer e darlles a información necesaria sobre cada ave.  Tivemos a sorte de

Ortografía Ideovisual cos Insectos 1º ESO - 2022

Bookface para a Semana do Libro 2020-2021

Proxecto de Ortografía en 1º ESO

Receitas de cociña 2019/20

Día días Letras Galegas 2020

Exemplos de video-receitas